Na clase de inglés luce este mural titulado "AS DEZ REGRAS PARA UNHA VIDA SAUDABLE" . Como traballo interdisciplinar entre as distintas áreas,o alumnado elaborou esta proposta coas pautas básicas para manternos sans. Aportaron fotos e traballaron o sobre o contido dos bos e malos hábitos.
miércoles, 20 de junio de 2018
miércoles, 13 de junio de 2018
Sobre Rodas
Continuando co traballo de Educación Vial e relacionando a temática co fomento da actividade física o alumnado trouxo distintos patíns, patinetes, monopatíns, etc. Estivemos probando os "xoguetes" doutros compañeiros/as e incentivando ao seu uso como medio para desprazarse ata o colexio. Na vindeira semana realizaremos unha sesión donde cadaquén participará nun rol distinto (peóns, automóbiles, gardas de tráfico, etc).
Actividades do ANPA
Como ven sendo habitual a Asociación de Nais e Pais realiza distintas actividades ao longo do curso. Desta vez unha patrulla da Garda Civil estivo no centro para dar a coñecer o seu traballo aos nenos e nenas do colexio. Aproveitamos esta iniciativa para posteriormente realizar unha sesión práctica sobre Educación Vial.
viernes, 1 de junio de 2018
Club Voleibol Orense
Esta mañá estiveron no centro dúas xogadoras, o adestrador e un reponsable do área de merchandising do Club Voleibol Ourense. Primeiro nos amosaron un video con tódalas actividades que desenvolven no clube. Despois saímos ao patio para practicar este deporte que tanto lles gustou aos nenos/as. Convidáronnos a probar durante o mes de maio e setembro e logo poder formar parte da canteira.
miércoles, 30 de mayo de 2018
Enquisa actividade física
En colaboración co Departamento de Orientación, decidimos comprobar a frecuencia de actividade física e o tipo de actividades que realizan os alumnos/as do centro. Valoraremos un total de 10 ítems.
miércoles, 23 de mayo de 2018
Xogos populares
O 15 de maio, desde o plan Proxecta, decidimos organizar unha actividade para todo o centro( alumnos e mestres/as). Estivemos todos no patio realizando distintos "xogos populares" . Os alumnos/as de 5º e 6º fixeron de monitores/as explicándolle aos de infantil os xogos. Mentras os de 1º ata 4º practicaban desde o salto á corda, a rá, chapas,... a outros xogos típicos doutros países como "os bolos finlandeses" ou o "Javball".
Nas imaxes darriba os nenos de infantil e as mestras Tamara e Concha con Martín de monitor. A directora Ana e Carmen ( coidadora) dando á corda mentras Paula salta Rayma observa atentamente.
Debaixo Jaime co xogo da Rá e os de infantil.
David na carreira de sacos ( a dereita) e no fondo tedes a Thaylor, Jose, Adam e Naiara intentado camiñar cos zancos.
Recreos activos
A semana pasada introducimos un deporte "alternativo" o Floorball. Xereu moito interese entre os máis cativos aos que lles gustou moito iso de usar o stick.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)