martes, 12 de diciembre de 2017

En que consiste o PLAN PROXECTA ?


Trátase dun plan que busca a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo e colaborativo do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, o obxectivo central deste plan é construír modelos de mellora mediante proxectos interdisciplinares que teñan un alto potencial de transferibilidade tanto no propio centro no que se orixinan como no resto da comunidade educativa galega.
Participaremos no Programa " Centros activos e saudables" que contempla varias modalidades. As elexidas polo noso centro foron:
PDC (Proxecto Deportivo de Centro) e

DAFIS ( avaliación da condición física)

No seguinte enlace podedes obter máis información