miércoles, 20 de junio de 2018

THE TEN RULES FOR A HEALTHY LIFE

Na clase de inglés luce este mural titulado "AS DEZ REGRAS PARA UNHA VIDA SAUDABLE" . Como traballo interdisciplinar entre as distintas áreas,o alumnado elaborou esta proposta coas pautas básicas para manternos sans. Aportaron fotos e traballaron o sobre o contido dos bos e malos hábitos.

miércoles, 13 de junio de 2018

Sobre Rodas

Continuando co traballo de Educación Vial e relacionando a temática co fomento da actividade física o alumnado trouxo distintos patíns, patinetes, monopatíns, etc. Estivemos probando os "xoguetes" doutros compañeiros/as e incentivando ao seu uso como medio para desprazarse ata o colexio. Na vindeira semana realizaremos unha sesión donde cadaquén participará nun rol distinto (peóns, automóbiles, gardas de tráfico, etc).


Actividades do ANPA

Como ven sendo habitual a Asociación de Nais e Pais realiza distintas actividades ao longo do curso. Desta vez unha patrulla da Garda Civil estivo no centro para dar a coñecer o seu traballo aos nenos e nenas do colexio. Aproveitamos esta iniciativa para posteriormente realizar unha sesión práctica sobre Educación Vial.

viernes, 1 de junio de 2018

Club Voleibol Orense

Esta mañá estiveron no centro dúas xogadoras, o adestrador e un reponsable do área de merchandising do Club Voleibol Ourense. Primeiro nos amosaron un video con tódalas actividades que desenvolven no clube.  Despois saímos ao patio para practicar este deporte que tanto lles gustou aos nenos/as. Convidáronnos a probar durante o mes de maio e setembro e logo poder formar parte da canteira.





miércoles, 30 de mayo de 2018

Enquisa actividade física

En colaboración co Departamento de Orientación, decidimos comprobar a frecuencia de actividade física e o tipo de actividades que realizan os alumnos/as do centro. Valoraremos un total de 10 ítems.
A vindeira semana expoñeremos os resultados.



miércoles, 23 de mayo de 2018

Xogos populares



O 15 de maio, desde o plan Proxecta, decidimos organizar unha actividade para todo o centro( alumnos e mestres/as). Estivemos todos no patio realizando distintos "xogos populares" . Os alumnos/as de 5º e 6º fixeron de monitores/as explicándolle aos de infantil os xogos. Mentras os de 1º ata 4º practicaban desde o salto á corda, a rá, chapas,... a outros xogos típicos doutros países como "os bolos finlandeses" ou o "Javball".

                                    



Nas imaxes darriba os nenos de infantil e as mestras Tamara e Concha con Martín de monitor. A directora Ana e Carmen ( coidadora) dando á corda mentras Paula salta Rayma observa atentamente.
Debaixo Jaime co xogo da Rá e os de infantil.
David na carreira de sacos ( a dereita) e no fondo tedes a Thaylor, Jose, Adam e Naiara intentado camiñar cos zancos.




Recreos activos

A semana pasada introducimos un deporte "alternativo" o Floorball. Xereu moito interese entre os máis cativos aos que lles gustou moito iso de usar o stick.


Creando xogos 2

Desta vez foron os nenos do segundo nivel de Infantil os que prepararon unha rá cunha caixa reciclada e a colorearon.
Vedes o magnífico resultado.


viernes, 11 de mayo de 2018

Creando xogos

Con motivo da celebración do"Día das Letras Galegas" decidimos realizar unha sesión de xogos populares. Para implicar a todo o alumnado, e ao mesmo tempo concienciar na Reutilización e Reciclaxe, os nenos/as de infantil elaboraron algún dos xogos que imos utilizar.

viernes, 27 de abril de 2018

Froita para todos

En anos anteriores o centro viña participando no programa Aliméntate Ben da Consellería. Neste curso non nos foi concedida a axuda do FOGGA, pero desde dirección decidiuse continuar con esta iniciativa. Cos recursos propios mercouse froita fresca de tempada para repartir entre o alumnado de tódolos niveis ( de infantil a primaria).
Tedes unha foto dos nenos/as de terceiro.

Dinamizando os recreos

Continuamos coa labor de incorporar novos deportes no patio. Desta vez toca bádminton. Partidos entre compañeiros/as de distintos cursos, donde non se elimina a ninguén e participan todos independentemente das cualidades.
Partidos: Miguel- Adam  e Ánxela - Ányeli

jueves, 19 de abril de 2018

La Vuelta Junior

La Vuelta Junior Cofidis é un proxecto pedagóxico impulsado por varias empresas para promover e incentivar a práctica do ciclismo. Estivo no noso centro David Garcia Abal para explicar as características deste deporte a algúns aspectos importante de educación vial. Tamén nos deixaron un regalo para cada un. Logo tocou a parte práctica, donde os alumnos/as tiveron a oportunidade de demostrar a súa habilidade coa bicicleta.
Podedes ver algunha das fotos da actividade.
 

 


viernes, 23 de marzo de 2018

Aprendendo a saltar á corda

O alumnado de infantil estivo xogando a un dos xogos populares máis praticados antigamente nos colexios. Tratamos de recuperar estas tradicións coa colaboración dos nenos e nenas de 5º curso. 


Béisbol no recreo

Como vos viñemos contando este curso decidimos dinamizar os recreos con deportes distintos aos que soen xogar os nenos e nenas do cole.
                                                                    
 


   

lunes, 26 de febrero de 2018

Malabares

Os nenos e nenas desde 1º ata 6º curso aprenderon a realizar malabares con distintos obxectos. Na clase de Plástica elaboraron bolas de malabares (con globos e arroz) coas que logo practicaron para ser uns "malabaristas de circo".

Unai coas pelotas de malabares

Mateo intentando dominar o diábolo

Fotografía deportiva

Buscando a implicación dos pais/nais no desenvolvemento do Proxecta pedimos ao alumnado que trouxese unha foto na que estivesen a practicar actividade física.


Aquí vedes o deportistas que son os nenos/as do noso cole.

Valores no Deporte

Os nenos e nenas de 5º de Infantil elaboraron tres murais donde se reflexan os valores que debemos perseguir no deporte. Logo colocámolo no taboleiro para que o resto dos compañeiros, na materia de valores, traballasen sobre a importancia deles.





LIGAS dos recreos

No mes de xaneiro decidimos dinamizar os recreos practicando deportes aos que habitualmente non se xoga no patio. Comezamos polo balonmán, baloncesto, floorball,..

viernes, 19 de enero de 2018

SEMANA DO BALONMÁN

Neste mes de xaneiro decidimos dinamizar os recreos variando os xogos e deportes. Como soe ser habitual o fútbol monopoliza o patio, motivo polo que queremos que o alumnado practique outras modalidades deportivas.
Comenzamos co balonmán.
En breve subiremos algunhas fotos.


MARTES 23 de Xaneiro
PARTIDO  BALONMÁN
VS 5º/6º

Hora: 11:30
Lugar: patio

lunes, 15 de enero de 2018

Aprendemos sobre a saúde e deporte

Como actividade de avaliación inicial decidimos comprobar os coñecementos do alumnado. Desde o 3º nivel de educación infantil a 6º de Primaria traballamos de maneira interdisciplinar cos titores/as e mestres/as de ciencias da natureza, inglés e pedagoxía terapéutica.
A continuación podedes ver algunhas das fotos dos distintos traballos.